lunes, 23 de noviembre de 2015

Memoria da noite. Rosa Cedrón e Luar na Lubre

A  biblioteca este curso elixeu como tema " Mulleres Galegas Ilustres" e neste trimestre o tema era a música. Nos quixemos relacionalo co que estamos dando en sociais, a contaminación, e por isto eleximos esta canción de Rosa Cedrón "Memoria da noite".


viernes, 20 de noviembre de 2015

Grandes chefs

Imos mostrarvos que grandes cociñeiros son os nen@s de 4º. Estivemos traballando coas matemáticas para calcular as cantidades que precisabamos para facer unha receita. Despois nas súas casas tiñan que facer esta ou outra  e explicarnos como a fixeran.Aquí tendes unha pequena mostra do bos cociñeiros que son.                                   

                                                                              








sábado, 7 de noviembre de 2015

A hidrosfera





Cumpre de Noa


Este venres estivo de cumpreanos a nosa amiguiña Noa. E veu cargadiña cuns sobres sorpresa . Estivemos toda a mañán pensando que habería neles.




Aquí temos os sobres misteriosos!

Cantámoslle o feliz cumpreanos e démoslle moitos bicos e apertas
E por fin soubemos  o que tiñan dentro... Unhas chuches riquisimas!!!



miércoles, 4 de noviembre de 2015

Matriarcas. Guadi Galego

Deixámosvos este vídeo de Guadi Galego para que escoitedes a canción que imos a cantar o 25 de novembro Día contra a Violencia de Xénero.


Muffins de Javi

Para endulzarnos o magosto, Javi chegou á primeira hora da mañán cuns riquísimos muffins de chocolate para os seus compañeiros e profes. Non podo poñer a foto da cesta chea porque cando me dei conta xa so quedaban tres. Está claro que estaban moi bos...


Celebración do Magosto e do Samaín

 Este xoves 29 de outubro tivemos no cole a celebración do Magosto e do Samaín.

                                          Comemos castañas asadas. Que ricas estaban!!!

                                    



 Maquillámonos e disfrazámonos!









E para que o día fose redondo os rapaces/zas de 5º e 6º agasalláronnos cuns terroríficos contos de Samaín.


Aquí tendes unha foto do escenario, mirade que ben o decoraron!
 

Auditorio emocionado e entregado!
 

  

Empezan as actuacións




martes, 3 de noviembre de 2015

Samaín


Decoración de corredores para a exposición de cabazas


 Non podían faltar carballos con landras que tiñan  ditos, rimas, refráns, todos relacionados co outono

Os/as  rapaces/zas de 6º poñendo as súas landras

 Empezan a chegar as cabazas, cada cal mais orixinal!